XUNTA DIRECTIVA

O equipo que funda e pon en marcha APROMETUR, representa os diferentes tipos de negocio que forman a primeira liña do sector turístico; Aloxamentos, restauración, noite, ocio e eventos.

Combina persoas con inciativa e experiencia en turismo, asociacións, hostelería, eventos, publicidade e algunha sen experiencia, pero que o compensan con ganas, ilusión e novas formas de ver e solucionar os retos que plantexa o difícil e competitivo sector turístico.

Abel Óscar Fernández
Taberna Casa Abel
PRESIDENTE
Da taberna máis antiga do Grove, fundada no 1944.
Taberneiro de toda a vida, e dos bos.
Novo en isto, pero con ganas e forza para liderar o proxecto.
Mª Isabel García Martínez
Pensión Casa Chasco
SECRETARIA
Dende Reboredo, con experiencia e o seu bo facer, como muller responsable que é, controlará que todo vaia en orden.
Jose Taboada Vidal
Bar O Portiño
TESOUREIRO
Xuventude ó poder.
Jose tamén se estrea, pero está comprometido para sacalo adiante, e será o que vixíe as contas da asociación.
Manuel Álvarez Garrido
Cruceros Rías Baixas
VOCAL OCIO
Con moita experiencia ó timón, axudaranos a levar bo rumbo.
Expresidente da Asociación de Catamaráns de O Grove, ten moito que aportar nesta nova travesía.
Jaime Devesa Mascato
Hotel Puente La Toja
VOCAL ALOXAMENTOS
Mais experiencia ós mandos, os novatos poden estar tranquilos, hai de quen tirar.
Outro expresidente, neste caso da desaparecida Asociación de Hostelería de O Grove.
Alberto Figueiro Romay
Activaogrobe
DEP. MARKETING
Exhostaleiro. Promotor e exvicepresidente de Distrito Noite, antiga asociación de pubs. Promotor e organizador de eventos como; Pinchanogrove, Micogrove, Torneos de verán, Torneo FS Nadal, creador de Visitogrove.com...
M. Alejandro Prieto Prol
Tapería Morriña
VOCAL RESTAURACIÓN
Pola banda temos outra cara nova, mozo pero con experiencia en hostalería, con ganas e novas ideas.
Ten tempo para ir collendo experiencia e temos directivo para rato.
Elia Martín Aguayo
Hotel Boutique Cata & Rose
VOCAL ALOXAMENTOS
Propietaria do Hotel Boutique Cata&Rose, de próxima apertura no centro do Grove.
Deseñadora de interiores, formación protocolaria de eventos. Formou parte da redacción da revista SUSTANSIA, da que se encargaba da sección de decoración.
Con experiencia no Gran Hotel da Toxa e na recepción do Balneario Hotel Isla da Toxa.
Ignacio Escalante Silva
48 Da Platería tapería
VOCAL RESTAURACIÓN
Un clásico da hostalería meca, con ampla experiencia en varios establecementos.
Ademais, tamén é promotor de espectáculos de humor e musicais, como "Son do Mar" algo de entretemento seguro que nos aporta.