Presentación APROMETUR no Casino da Toxa

A cita para o estreno da Asociación para promoción meca do turismo, APROMETUR, era nun lugar emblemático para o turismo en Galicia, como é o Casino da Toxa, o 2 de Abril de 2025.

Pero os sorprendidos asistentes encontráronse con algo que se parecía máis a un centro médico, xa que había Consultas, Radioloxía, Receitas, Farmacia, Quirófano, Psiquiatría e Otorrinolaringoloxía.

A medida que entraban os invitados, eran atendidos nos diferentes postos polos doctores que personalizaban e recomendaban os Valores de APROMETUR; Dra. COOPERACIÓN, Dr. POSITIVO, Dra. IMPLICACIÓN, Dr. VISIÓN GLOBAL, Dra. INNOVACIÓN e como invitadas, a Dra. UNIÓN e a Srta ORGANIZACIÓN.

Para ambientar tamén estaba o Dr. ESCOITA na cabina, e no quirófano estaba o Dr. CUCHILLOS, que operou un xamón de arriba abaixo.

Despois do recoñecemento médico, xa sí se chegaba á sala de xogos do Casino, donde falaron Ángel Expósito, xerente do Casino da Toxa, Abel Óscar Fdez, presidente de APROMETUR e Elia Martín, vocal de APROMETUR, nun breve e ameno acto conducido polo periodista Kin Llorca.

Ó acabar os discursos, os asistentes xogaron na ruleta varias tiradas coas fichas que se lles repartiron gratuítamente ó entrar, e 3 afortunados gañaron unha cea doble cada un, tamén donadas polo Casino da Toxa.

E de ahí xa volvemos ó “centro médico”, (donde triunfou o “Quirófano”) para empezar cos pinchos e viños xentileza do Casino da Toxa.