¿Que é APROMETUR?

APROMETUR é unha asociación de pequenos/as empresarios/as do sector turístico do Grove.
Xorde para dar resposta a necesidades específicas compartidas polos seus membros, que se decataron de que, actuando de forma individual, pouco podían facer para mellorar o rendemento dos seus negocios. Con todo, unindo esforzos con outros/as empresarios/as na mesma situación (CANTOS MÁIS, MELLOR), é posible afrontar grandes proxectos que beneficien a todas e todos.

Misión, visión e valores

Misión: Contribuír ao desenvolvemento e á prosperidade do sector turístico do Grove.

Visión: Convertérmonos nun referente e nun apoio fundamental para as empresas do sector turístico do Grove.

Valores:

  • Visión global: Entender O Grove como un destino turístico integral e cohesionado.
  • Cooperación: Traballar de maneira conxunta para acadar metas comúns.
  • Pensamento positivo: Enfrontar os desafíos cunha actitude optimista e construtiva.
  • Implicación: Comprometernos co sector e co territorio.
  • Innovación: Apostar por ideas novas e pola adaptación constante aos retos.

¿Que obxectivos ten APROMETUR?

O obxectivo principal de APROMETUR é promover iniciativas dirixidas ao desenvolvemento turístico sostible, co propósito de mellorar o rendemento das empresas do sector.
Para iso, búscase reforzar unha identidade propia baseada na autenticidade, a diferenciación e a posta en valor dos produtos e recursos locais, garantindo así un bo posicionamento do Grove como destino turístico. As accións estarán adaptadas ás diferentes épocas do ano, con especial atención á tempada baixa, que actualmente é excesivamente longa.

Principais liñas de acción:

  • Novos produtos turísticos: Investigación e potenciación de produtos turísticos innovadores que complementen o turismo tradicional de sol e praia, aproveitando recursos locais e alternativos.
  • Potenciar segmentos turísticos específicos con alto potencial: O turismo gastronómico, O turismo de natureza, o turismo deportivo e o turismo MICE (Reunións, Incentivos, Conferencias e Exposicións).
  • Campañas de promoción: Desenvolvemento de accións para promocionar e consolidar O Grove como destino turístico tamén fóra de tempada.
  • Organización de eventos: Creación de actividades con capacidade para atraer visitantes fóra da tempada alta.
  • Ampliación da oferta de ocio: Incrementar as opcións de lecer dispoñibles durante a tempada alta, diversificando a oferta para diferentes públicos.
  • Colaboración e sinerxías: Establecemento de acordos de cooperación con administracións públicas, colectivos e empresas para lograr os obxectivos da asociación.

Xunta Directiva

O equipo que funda e pon en marcha APROMETUR, representa os diferentes tipos de negocio que forman a primeira liña do sector turístico; Aloxamentos, restauración, noite, ocio e eventos.

Combina persoas con inciativa e experiencia en turismo, asociacións, hostelería, eventos, publicidade e algunha sen experiencia, pero que o compensan con ganas, ilusión e novas formas de ver e solucionar os retos que plantexa o difícil e competitivo sector turístico.

ver toda a directiva

Socios

Aquí se poden ver os socios que compoñen APROMETUR, por agora.

ver todos os socios

Provedores Recomendados

Aquí están as primeiras vantaxes para os socios de APROMETUR, estas empresas ofrecennos unhas condicións especiais das que nos podemos beneficiar dende xa! Entra na parte privada de socios da web, e consulta os descontos que nos ofrecen.

ver todos os provedores

Galería

¡Únete a APROMETUR!

Tódalas empresas do sector turístico de O Grove están invitadas a formar parte de APROMETUR, si estás interesado/a en participar neste proxecto, contacta con nós a través do formulario, podes consultar calquer dúbida, ou se xa o tes claro, podes darte de alta.

Nome
comercial:
Persoa
contacto:
Teléfono:
Email:
Observacións:
Nome:
Enderezo:
NIF: